Eco de Teo, El

Eco de Teo, El
[PUBLIC]

Revista mensual aparecida en Bos Aires a partir do 10 de marzo de 1916. Dirixida por Manuel Oliveira, contou coa colaboración de J. Buela, Luis Sánchez, A. Zapata, Felipe Abeleira e Xulio Díaz Miranda, entre outros. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Iberia. Esta publicación xurdiu a partir dunha escisión na Federación de Residentes de Teo, editora da revista Teo. Incluíu información semellante á que ofrecía esta última pero cunha maior tendencia galeguista, acompañada de fotografías da sociedade e ilustracións de Lourido.