dous, dúas
(< lat duos)
-
cuant
Número cardinal que equivale a un máis un. Na tradición oral recóllense ditos como: “Dous cabalos rifadores, non poden xuntos comer. Dous canciños a un can, mal trato lle dan. Dous irmáns nun concello fan torto do dereito. Dous lobos a un can ben o coñecerán. Compaña de dous, compaña de bos. Segredo que de dous é, xa segredo non é”.
Ex: Levo dous anos estudiando alemán.
-
adx
Que ocupa o segundo lugar nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal, e polo tanto equivale a segundo.
Ex: Foi o número dous da súa promoción.
-
s
m
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 2 e na romana por II.
Ex: Collín o número 2 para mercar o pan.
-
s
m
Calquera cousa que nunha serie vai marcada co número dous.
Ex: Non aparece o dous de ouros nesta baralla.
-
cuant
Que indica unha pequena cantidade indeterminada de algo.
Ex: Mercou o coche por dous patacos.
-
s
f pl
Segunda hora despois das doce da noite ou do mediodía. OBS: Xeralmente vai precedido do artigo determinado as.
Ex: Quedei con Xan ás dúas da tarde.
-
dous e unha
[HERÁLD]
Aplícase á posición ben ordenada das pezas no escudo cando se atopan en número de tres e se colocan dúas en xefe e unha en punta.