Dous de Maio, O

Dous de Maio, O

Motín popular que tivo lugar en Madrid en 1808 e co que deu comezo a Guerra de Independencia contra a invasión napoleónica. A ocupación das tropas francesas e a marcha da familia real a Baiona indignaron o pobo de Madrid, que iniciou unha revolta dirixida polos capitáns Daoíz e Velarde e polo tenente Ruiz. As loitas tiveron como escenarios fundamentais a Porta do Sol e o parque de Monteleón. Dominada a revolta, organizouse unha comisión militar que condenou a todos os prisioneros, que foron executados o 3 de maio. As obras de Goya, El 2 de mayo de 1808 en Madrid: La lucha con los mamelucos e El 3 de mayo en Madrid: Los fusilamientos en la montaña del Príncipe Pío, reflitiron estes acontecementos.