emblema

emblema

(< lat emblēma < gr ἕμβλημα)

  1. s m

    Signo visible dunha idea que case sempre vai acompañado dunha lenda explicativa. Nos ss XVI e XVII proliferaron os libros ou coleccións impresas de emblemas que servían como fontes iconográficas para os artistas. Constaban dunha representación gráfica, dun lema e dunha estrofa explicativa que, polo xeral, proporcionaba unha sentencia moral. Os autores inspirábanse noutras fontes, como na Biblia, nos lapidarios medievais, nos bestiarios, nas fábulas e lendas clásicas, etc. Destacan o tratado Emblematum libellus (1522), de Andrea Alciato, A Choice of Emblemes (Selección de emblemas, 1586) de Geoffrey Whitney, e A collection of emblems (Colección de emblemas, 1635), de George Wither. Os empregados por personalidades, como os Reis Católicos, Carlos I e Luís XIV, denominábanse empresa e constituíron a súa divisa persoal.

  2. s m

    Obxecto visible consagrado por uso para representar unha idea ou unha cousa abstracta.

    Ex: O emblema da xustiza é unha balanza.

    Sinónimos: representación, símbolo.
  3. s m [BÉL]

    Distintivo dos diferentes corpos e armas militares.

    Ex: Cada corpo militar ten o seu propio emblema.

  4. s m [HERÁLD]

    Lema dalgúns escudos.

  5. s m [LIT]

    Composición de carácter didáctico-moral, cultivada especialmente nos ss XVI e XVII, formada por unha imaxe ou figura de carácter simbólico e unha explicación da idea de tipo moral, político ou social que suxire. Normalmente, consta de tres partes: un título, lema ou mote en forma de breve sentenza (inscriptio), un debuxo (pitura) e un texto en prosa ou verso (subscriptio).

  6. s m [ARTE]

    Imaxe central dun mosaico rodeada de orlas decorativas xeométricas, normalmente fabricadas con pedra do país, creado case sempre por un taller notable. Realizábase de xeito independente ao resto do mosaico ou para cubrir un van. Representa imaxes decorativas con escenas ou figuras humanas e animais.