enfermidade
(< lat infirmĭtāte)
-
[PAT]
-
s
f
Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Peor é o remedio ca a enfermidade. A enfermidade mortal, nin médico nin menciña lle val.”
-
enfermidade carencial/de deficiencia
Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico, como vitaminas, aminoácidos, minerais ou ácidos graxos esenciais.
-
enfermidade hemorráxica vírica
Enfermidade orixinada por un virus que cursa con febre e provoca hemorraxias. No ser humano pertencen a este tipo o dengue e a febre amarela. A enfermidade hemorráxica vírica dos coellos describiuse por primeira vez na República Popular China en 1984 e, tras estenderse por Asia, chegou ata Europa en 1986. Detectouse por primeira vez na Península Ibérica en Asturias en 1988. Caracterízase por ser altamente contaxiosa, de curso rápido e capaz de producir taxas de mortalidade próximas ao 100%. A síndrome afecta a coellos de máis de dous meses de idade, sen distinción de sexos, e o seu período de incubación é moi curto, de 24 a 72 horas. Ten afectado a todas as poboacións de coello de monte e ao doméstico. Constitúe un dos maiores problemas, non só para o coello, senón tamén para a conservación de moitos dos seus depredadores que dependen desta especie como elemento fundamental na súa alimentación e que en moitos casos están en perigo de extinción como, por exemplo, o lince ibérico e a aguia imperial.
-
enfermidade idiopática
Enfermidade de etioloxía descoñecida.
-
enfermidade infecciosa/contaxiosa
Enfermidade que se pode transmitir dun individuo a outro por contacto físico ou mediante vectores.
-
enfermidade profesional
Enfermidade que ten a súa orixe no exercicio dunha profesión e que é común entre os que a desempeñan.
-
enfermidade pulmonar obstructiva crónica []
Cadro clínico que se caracteriza pola obstrución permanente do fluxo de aire nos pulmóns, que provoca unha dificultade na respiración e tose, e que se presenta como consecuencia da confluencia dun enfisema pulmonar cunha bronquite crónica.
-
s
f
-
s
f
Alteración que prexudica o funcionamento ou o estado de alguén ou de algo.
Ex: O egoísmo é unha das enfermidades da sociedade.
Refráns
- A enfermidade mortal nin médico nin menciña lle val.
- A mal mortal nin médico nin menciña lle val.
- a mozo enfermo, se non empeora, mellora.
- a que queira sanar debe dicir a enfermidá.
- A recaída fai perder moitas veces a vida.
- Cando o enfermo está na cama, nin de moito mal morre, nin de pouco sana.
- Cando o mal é de morte, o remedio é morrer.
- Coñece-Ia enfermidade é gran parte da saúde.
- Corpo que moito se ten que curar, pouco pode durar.
- Cousa do mal é non querer sanar.
- En mal de morte ningún médico ten sorteo
- Máis matá a aprensión que a enfermidade.
- Mal moi alongado, morte ao cabo.
- Mal que non ten cura, querelo curar é loucura.
- Morto non haxa, que achaque non falla.
- Nin de moito mal se morre nin de pouco escapa o que está na cama.
- Non é de agora aquel mal que non mellora.
- Non lle fai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.
- Non me pesa do fillo que enfermou senón do mal vezo que tomou.
- Non me pesa polo que meu fillo enfermou, senón polo mal vezo que lle quedou.
- Non me pesa porque o meu fillo enfermou senón pola mala maña que lle quedou.
- Ó enfermo purgádeo, sangrádeo, acochádeo; e, se morre, enterrádeo.
- O mal largo, a morte ao cabo.
- O medo do enfermo pon medo ás veces ao médico.
- Ó que é de morte, a auga élle forte.
- Ó que enferma para morrer, ningún remedio lle pode valer.
- Para os enfermos do peito leite de burra é remedio feito.
- Peor é a recaída cá caída.
- Quen está a pucheiro, anda en tratos co sepultadeiro.
- Quen máis non pode co seu mal morreo
- Se as dores non matasen, ningunha dor sería grave.
- ¡ande poñan bo cabezal; alá vaias, mal!