enfermería
(< enfermo)
-
-
s
f
Disciplina profesional que ten como ámbito de responsabilidade atender e proporcionar coidados integrais de saúde á persoa, familia ou comunidade, tanto sans coma enfermos, mediante todas aquelas actividades que contribúan ao mantemento, promoción e restablecemento da saúde, prevención de enfermidades e reinserción social.
-
auxiliar de enfermería
Profesional que presta asistencia sanitaria ao paciente como parte integrante dos equipos de enfermería, e que ten como obxectivo subministrar os coidados básicos de enfermería e colaborar na prevención e promoción da saúde. A súa formación encádrase dentro da Formación Profesional de grao medio. A partir dun Real Decreto de 1995 cambiou os seus plans de estudios e a denominación de auxiliar de clínica pola de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería.
-
s
f
-
s
f
Dependencia que existe nalgúns lugares para instalar e atender os enfermos.
Ex: Levárono á enfermería para facerlle as curas no brazo.
Confrontacións: clínica, hospital.