enfermizo -za
enfermizo -za
(< enfermar)
-
adx
Que ten pouca saúde ou que enferma facilmente.
Ex: Manuel foi un neno moi enfermizo e case sempre tiña que quedar na casa.
Sinónimos: feble. -
adx
Que pode provocar enfermidades.
Ex: Este aire contaminado da cidade é enfermizo.
Sinónimos: insalubre. -
adx
Que é propio dun enfermo.
Ex: Creo que este neno está doente, mira a súa cara enfermiza.
-
adx
Propio de quen é pouco equilibrado mentalmente.
Ex: Aquel cadro só podía saír dunha imaxinación enfermiza.