enterrement à Ornans, Un
enterrement à Ornans, Un
Nome científico:
[Enterro en Ornans]
Óleo de Gustave Coubert realizado en 1849 e que se conserva no Musée d’Orsay en París. Trátase dun lenzo de gran formato (315 x 668 cm) que representa un enterro na vila natal do pintor; ao redor da tumba sitúanse un gran número de personaxes tratados cun gran realismo. Exposto no Salon de 1850, a realidade e a crueza da escena non gustaron nin ao público nin á crítica. É unha mostra da arte naturalista, social e antiacadémica do pintor.