entre
(< lat inter)
-
prep
Indica situación ou localización espacial ou temporal, de algo ou de alguén, con respecto a dous ou máis puntos que se indican.
Ex: Sentárono entre os irmáns maiores. Chapa está entre Bandeira e Silleda. Visitareivos entre o 15 e o 20 deste mes. Non deberías comer nada entre horas.
-
prep
No medio de ou no interior de algo.
Ex: Gardaba os cartos entre a roupa do armario. Meteu a foto entre as follas do libro.
-
prep
Indica que algo ou alguén está incluído nun grupo.
Ex: Estaba entre os que aprobaron o primeiro exame. Entre os seus amigos hai dous que son estranxeiros.
-
prep
Indica escolla entre dous ou máis posibilidades. OBS: Úsase con verbos que indican vacilación, dúbida ou elección.
Ex: Non sei cál comprar, estou entre elixir a blusa vermella ou a laranxa.
-
prep
Expresa termo medio.
Ex: Ten unha cor indefinida, entre verde e marrón.
-
prep
Indica cooperación ou participación.
Ex: Fixeron o mural entre os alumnos da clase.
-
prep
Expresa a operación aritmética da división.
Ex: Se dividimos cen entre catro o resultado é vintecinco.
-
prep
Indica os destinatarios dunha división ou repartimento.
Ex: Dividiu a torta entre os comensais. OBS: Pode admitir o incremento da prep de. Ex: Fixo a casa entre das árbores. É o mellor entre deles.
-
prep
Indica comparación ou relación entre cousas ou persoas.
Ex: Entre eles hai un grande amor. Entre amigos debe haber confianza.