enxeñeiro -ra

enxeñeiro -ra

(< enxeñar)

  1. s

    Persoa titulada en enxeñería. O termo enxeñeiro introduciuse orixinariamente relacionado coa invención de artefactos mecánicos para facer a guerra, denominados enxeños de guerra. Cando os dirixentes dos estados procederon a utilizar os enxeñeiros e os principios da enxeñería para crear melloras nos seus territorios, xurdiu a diferenciación entre enxeñeiro civil e enxeñeiro militar. A raíz da Revolución Industrial, os enxeñeiros tiveron que especializarse en campos determinados, evolucionando en función da técnica e das novas necesidades industriais. No ano 1865 expedíronse en Madrid os primeiros títulos de enxeñeiro industrial.

  2. enxeñeiro técnico

    Titulado en enxeñería técnica, que se corresponde coa antiga denominación de perito.

Palabras veciñas

enxeitar | enxemprar | enxeñar | enxeñeiro -ra | enxeñería | enxeño | enxeñoso -sa