enxeño

enxeño

(< lat ingenĭu)

  1. s m
    1. Facultade para discorrer, inventar ou solucionar algo con facilidade.

      Ex: Gracias ó seu enxeño sae ben de todas as dificultades.

      Confrontacións: habilidade, maña, pericia.
    2. Facultade para encontrar e mostrar o aspecto gracioso e divertido das cousas.

      Ex: Sempre nos fai rir co seu enxeño.

      Sinónimos: agudeza. Confrontacións: gracia, talento.
    1. s m

      Máquina ou aparello mecánico.

      Ex: Creou un enxeño para mondar as patacas.

    2. enxeño militar [BEL]

      Máquina de guerra.

  2. s m
    1. Explotación agrícola destinada ao cultivo da cana de azucre.

    2. Lugar ou instalación onde se fabrica azucre de cana.

Formas incorrectas

inxenio

Palabras veciñas

enxeñar | enxeñeiro -ra | enxeñería | enxeño | enxeñoso -sa | enxergar | Enxergo