Eros en Espiral
Eros en Espiral
[PUBLIC]
Pregos poéticos que apareceron a partir de 1992 en Ediciós do Castro. Publicados polo Grupo de Expresión e Investigación E. Tamén (de Lugo), estaban coordinados por Xosé Mª González Gil. De periodicidade irregular, incluía composicións inéditas de poetas de distintas xeracións. Entre os autores representados cómpre destacar a Uxío Novoneyra, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza e Manuel María.