Erosa
Erosa
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica que ten a mesma orixe ca os apelidos galegos Edrosa e Edroso. Os topónimos homónimos son abundanciais e remiten á voz común “hedra”, derivada do latín hedera. Atéstase no s XV: “Fernando de Erosa” (doc ano 1402 en Emilio Duro Peña, Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 255).
-
[HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas un serafín coroado de tres ramas e, saíndo das súas puntas, unha rosa cada unha. Outra variante trae campo de ouro e bordo azul con oito luneis de prata.