escoitar

escoitar

(< lat v ascultāre, latauscultāre)

  1. v t

    Oír algo con moita atención. Na tradición oral recóllense ditos como: “Quen escoita, mal de si ouza. Quen escoita, o seu mal oe. Escoita ben á vella, e rite do seu consello. Co moito escoitar e co pouco falar, boa fama podes ganar. Escoita e pensa antes de falar, se non queres errar e queres acertar”.

    Ex: Escoitaba detrás da porta o que dela falaban.

  2. v t

    Oír ou percibir algo ou a alguén polo oído.

    Ex: Escoitouno chegar aínda que tentou non facer ruído.

    Sinónimos: sentir.
  3. v t

    Atender a un aviso, rogo, argumento ou consello de alguén.

    Ex: Fai o que lle dá a gana: non escoita a ninguén. Para que haxa un acordo, cómpre que a empresa escoite os traballadores.

Frases feitas

  • Escoita que chove! Aplícase cando alguén esaxera moito.

Conxugar
VERBO escoitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoito
escoitas
escoita
escoitamos
escoitades
escoitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitaba
escoitabas
escoitaba
escoitabamos
escoitabades
escoitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitei
escoitaches
escoitou
escoitamos
escoitastes
escoitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitara
escoitaras
escoitara
escoitaramos
escoitarades
escoitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitarei
escoitarás
escoitará
escoitaremos
escoitaredes
escoitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitaría
escoitarías
escoitaría
escoitariamos
escoitariades
escoitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoite
escoites
escoite
escoitemos
escoitedes
escoiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitase
escoitases
escoitase
escoitasemos
escoitasedes
escoitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitar
escoitares
escoitar
escoitarmos
escoitardes
escoitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
escoita
-
-
escoitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escoitar
escoitares
escoitar
escoitarmos
escoitardes
escoitaren
Xerundio escoitando
Participio escoitado
escoitada
escoitados
escoitadas