Escola Dramática Galega
Escola Dramática Galega
[ESPECT]
Compañía teatral creada por Eduardo Sánchez Miño en Ferrol ao redor de 1908. Desenvolveu unha actividade moi circunstancial, debido á ausencia de apoios económicos e á incapacidade de manter os espectáculos en cartel máis aló da función única de estrea e presentación. En 1913 a compañía iniciou un programa cos espectáculos Os suores de Bastián e Por vivir n’o tren, cun repertorio que incluía espectáculos construídos cos textos dramáticos galegos do momento como A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia; Minia, A ponte, Mareiras e Escravitú, de Manuel Lugrís Freire; Filla!, de Galo Salinas; A patria do labrego, de Antón Villar Ponte; ou Terra Baixa, de A. Guimerá, traducida ao galego polo propio Villar Ponte.