escoto -ta
escoto -ta
(< lat tardío Scottus/Scotus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos escotos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo dun pobo procedente do NO de Irlanda.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo procedente do NO de Irlanda que no s III saqueou Britania. Asentáronse a partir do s VI na rexión occidental de Escocia, especialmente ao redor de Argyll, onde formaron o Reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos ata que no 844 Keneth Mac Alpin fusionou os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia e deu orixe a unha nova dinastía que durou ata 1286.