escotoma

escotoma

(< grσκότομα ‘escuridade’)

s m [PAT]

Área gris ou punto negro que aparece dentro do que serían os límites dun campo visual normal. Cando a lesión afecta á mácula pérdense uns 5° da zona central do campo visual. Esta doenza, denominada escotoma central, dificulta actividades como a lectura. Cando a lesión afecta á retina periférica prodúcese unha perda do contorno do campo visual, feito que provoca unha visión en túnel ou anel, que dificulta a visión lateral, ademais da visión nocturna. Esta última denomínase escotoma periférico e está provocada por enfermidades como a retinite pigmentosa.