Escritos
Escritos
[PUBLIC]
Revista literaria xuvenil que apareceu en Lugo a partir de marzo de 1959. Cesou a súa edición en maio de 1960. Dirixiuna Luis J. Quintela Ferreiro. De tendencia progresista, defendía o humanismo cristián e o iberismo, e propugnaba a unión de Galicia e Portugal. Incluía numerosas composicións poéticas de autores novos e doutros xa consagrados como Noriega Varela ou Ramón Cabanillas.