escudo
(< lat scūtu)
-
s
m
-
[HIST]
Arma defensiva consistente nunha lámina de metal, de coiro ou de madeira, que se levaba no brazo esquerdo. Os escudos gregos eran circulares, mentres que os romanos eran rectangulares. A principios da Idade Media eran de madeira co centro de metal. No s XIV as divisións do escudo denomináronse cuarteis ou cuartos e nelas situábanse os emblemas heráldicos. Os escudos estaban cubertos de placas de ferro ou aceiro, ás veces con veludo por encima. No s XV, coa divulgación do arnés branco, que protexía metalicamente todo o corpo, o escudo pasou a ser na maioría dos casos innecesario e deixou de usarse ao aparecer as armas de fogo.
-
Calquera cousa que protexe ou resgarda.
-
[BÉL]
Prancha de aceiro montada diante dun canón para protexer os artilleiros.
-
[DEC]
Placa de metal lisa ou estampada, cun orificio, que se coloca ao redor do ollo das pechaduras das portas e caixóns dos mobles, de maneira que fai de ornamento que protexe do uso repetido da chave.
-
[CONSTR]
Estrutura metálica móbil de sostemento e protección que se usa na escavación e revestimento de túneles en terreos pouco consistentes ou de moita humidade.
-
[ENTOM]
Peza dorsal do exoesqueleto dalgúns insectos situada no tórax. Nos coleópteros adoita ter forma triangular e está situada na base dos élitros.
-
[ZOOL]
Parte dorsal da cuncha das tartarugas.
-
[ZOOL]
Cada unha das escamas ventrais das serpes que, polo feito de ser amplas e de estar dispostas en sentido transversal, permiten ao animal usalas como áncora durante a locomoción.
-
[HIST]
-
s
m
[BOT]
Célula periférica do anteridióforo das carofíceas.
-
s
m
[ORNIT]
Peteiro dos rálidos e anátidos como os éideres.
-
s
m
[MAR]
Peza de madeira, con forma de escudo, situada na popa dos botes e pequenas embarcacións que constitúe o respaldo do asento de popa.
-
s
m
[XEOG]
Rexión fisiográfica constituída por materiais moi antigos (xeralmente precámbricos), principalmente xistos e gneis que non experimentaron case dobramento dende unha época moi remota, e que sufriu diversas erosións ao longo dos tempos ata formar actualmente grandes penechairas un pouco convexas. No hemisferio norte destacan o escudo canadense, o escandinavo e o siberiano; nas rexións tropicais destacan o africano, o brasileiro e o do Deccan.
-
s
m
-
[HERÁLD]
Representación simbólica dunha persoa, familia ou liñaxe, dunha autoridade, de poboacións e países e, por extensión, de corporacións, entidades, etc. O escudo de armas componse dunha superficie xeométrica delimitada por un bordo ou liñas (campo), en que se representan os elementos heráldicos ou cargas do brasón que forman a armería. Na súa orixe foi o pavés de guerra medieval, de madeira e revestido de pel, en que se pintaban as figuras convencionais e parlantes que servían para representar a empresa particular dun cabaleiro.
Formas do escudo
Cando os torneos deixan de celebrarse e o escudo perde utilidade como arma defensiva, recóllese na heráldica, sendo no campo onde se debuxen os sinais característicos de cada liñaxe. Ao longo do tempo os escudos de armas foron adoptando diferentes formas segundo os países e as modalidades artísticas dominantes en cada época ata que se chegou a unha unificación convencional regulada polas leis heráldicas, moitas veces en loita co gusto do artista ou das mesmas familias brasonadas. Ao non existiren unhas regras precisas sobre o emprego dunha forma determinada, a heráldica galega presenta unha gran variedade de formas. As máis antigas seguen a evolución dos escudos empregados polos combatentes nos campos de batalla; destacan, especialmente, os escudos en forma de améndoa e os que rematan, polo baixo, en punta semicircular, que se estenderon sobre todo a partir do s XII. A finais do s XIV apareceu un escudo con forma de chave ou corchete colocado en posición horizontal, semellante a un arco conopial ranversado. Desde o s XVI ao XVIII proliferou o escudo rectangular cuadrilongo, redondeado na parte inferior, e desde o s XVIII alongouse a punta da súa base. Tradicionalmente, empregáronse os escudos de losanxe para representar as armas das doncelas e viúvas, inda que ata o s XVIII formou parte tamén das armerías masculinas, en especial dos prelados (as señoras casadas adoitaban “acolar” as súas armas coas do seu esposo, de xeito que estas quedasen á esquerda do observador e aquelas á dereita). Os escudos redondos comezaron a usarse a partir do s XIII e os ovais, ou elipsoides, foron os preferidos polos eclesiásticos. O escudo actual é rectangular -cunha proporción de 6 de alto por 5 de ancho-, coa base de arco de medio punto.
Proporcións, puntos e posicións no escudo
O escudo divídese en nove partes ou puntos, mediante unha partición ou unha repartición, que equivalen aos espacios imaxinarios dos que se serve a heráldica para definir a situación precisa das pezas no seu campo. Os lados dereito e esquerdo do escudo defínense tendo en conta o cabaleiro que o portaría, non o observador. Así, desde a perspectiva deste, o lado esquerdo recibe o nome de flanco destro, e o lado dereito, flanco sinistro. A liña que delimita exteriormente é o bordo do escudo. A parte central superior e máis nobre do escudo chámase xefe ou fronte (por extensión, ás veces tamén se aplica a todo o terzo superior). A zona inferior do escudo, oposta ao xefe, é a punta ou contraxefe (ás veces tamén se aplica a todo o terzo inferior). As zonas laterais chámanse flancos; os ángulos do xefe e da punta, cantóns; e o centro, corazón ou abismo. A altura do escudo é a liña que vai do centro da parte superior ao punto máis baixo da punta, e a súa anchura a liña que delimita a parte superior do mesmo; a proporción entrambas é duns 5 ou 6 módulos (agás os escudos de formas irregulares). Outros puntos especiais son o punto de honra, entre o xefe e o corazón, e o embigo do escudo, entre o corazón e a punta, ambos raramente usados. Cando o brasón leva mobles, pezas ou figuras, é mester precisar a posición que ocupan no campo. As partes do escudo son: A, cantón destro do xefe; B, centro do xefe; C, cantón sinistro do xefe; G, flanco destro; H, abismo, centro ou corazón; I, flanco sinistro; N, cantón destro da punta; O, centro da punta; P, cantón sinistro da punta. Os puntos do escudo son: D, punto destro do punto de honor; E, punto de honor; F, punto sinistro do punto de honor; L, punto destro do embigo; M, embigo; N, punto sinistro do embigo; Q, punto baixo ou marxe.
Particións, pezas e figuras
O campo do escudo cando aparece cunha soa cor debe brasonarse coas chamadas figuras heráldicas (particións, pezas, mobles ou figuras propiamente ditas). As particións, que obedecen á necesidade de representar máis dunha liñaxe, son as divisións internas que se realizan no campo dun escudo. Á súa vez, as particións poden agruparse en partes iguais, desiguais e en cuarteis. Segundo as particións en partes iguais obtense: escudo partido (o dividido por unha liña ou trazo vertical que pasa polo seu centro), escudo cortado (se a liña é horizontal), escudo tronzado (se a liña está en dirección da banda, dende o ángulo superior do cantón destro do xefe ao cantón sinistro da punta), escudo tallado (se o trazo vai desde o ángulo superior do cantón sinistro do xefe ao destro da punta); terciado en pal ou pau (se está dividido en tres partes do mesmo ancho por dúas liñas paralelas verticais); terciado en faixa (con dúas liñas paralelas horizontais separadas entre si un tercio da anchura do escudo); terciado en banda (con dúas liñas paralelas en sentido da banda, do cantón destro do xefe ao cantón sinistro da punta); terciado en barra (con dúas liñas paralelas en sentido da barra, desde o cantón sinistro do xefe ao destro da punta); cuarteado en cruz (cando se superpoñen o escudo partido e o cortado, isto é, cando unha liña vertical e outra horizontal se atopan no centro do escudo e o dividen en catro partes iguais); cuarteado en aspa (se a superposición se fai co tronzado e o tallado, isto é, cando o escudo queda dividido en catro partes iguais por unha liña diagonal que vai do cantón destro do xefe ao sinistro da punta, e por outra que vai do sinistro do xefe ao destro da punta, de xeito que se encontran no centro); xironado (cando se superpoñen as catro particións principais: partido, cortado, tronzado e tallado, isto é, cando o escudo está dividido desde todos os seus medios e ángulos con liñas que se cortan no centro e forman oito xiróns). As particións en partes desiguais poden ser moi diversas, pero as máis frecuentes son: cortinado (se dúas liñas baixan desde o punto medio do bordo superior do xefe ata os puntos da curva da punta correspondentes ás bisectrices dos ángulos do rectángulo imaxinario que encadra o escudo), calzado (se as dúas liñas parten de ambos os lados do xefe e converxen un pouco máis arriba do centro do escudo), mantelado (se as liñas converxen no centro do escudo para unirse despois este punto de converxencia co punto central do bordo superior do xefe por unha liña vertical), embrazado (se as dúas liñas que parten dos ángulos dos cantóns destros do xefe e da punta converxen no centro do flanco sinistro), contraembrazado (se está dividido por liñas que parten e chegan aos puntos opostos aos do embrazado), encaixado (se está formado por dúas partes rematadas polo lado interior en cuñas que encaixan unhas nas outras), encravado (se está formado por dúas pezas, unha delas encaixada na outra por medio dun saínte cuadrangular), frechado (se a parte saínte ten forma triangular), adestrado (se leva no flanco destro un trazo paralelo ao bordo do mesmo delimitando unha superficie cunha largura equivalente a unha quinta parte do campo), sinistrado (se a partición está no flanco sinistro), flanqueado (se leva dúas particións ao mesmo tempo), entado en punta e en xefe (se vai cargado dun triángulo, na parte inferior ou superior), sobre o todo (escudo tres veces menor ca o principal, colocado no centro ou abismo), endentado ou danchado (se as divisións terminan en puntas agudas en forma de dentes). Os cuarteis son as partes en que se divide o escudo e que serven para representar nelas as armas das liñaxes; en principio aplicábase só ás particións do escudo cuarteado en cruz que dá catro cuarteis, pero posteriormente tamén se aplicou aos escudos con máis particións. O número máximo de cuarteis dun escudo é de 48, aínda que habitualmente non pasa de 9. Para tres particións, o escudo pode ser: medio cortado e partido (se a primeira división do escudo partido está cortada); partido e medio cortado (se é a segunda partición a que está cortada); medio partido e cortado (se a primeira división do escudo cortado está partida); medio cortado e partido (se é a segunda partición a que está partida). Para catro particións, o escudo pode ser: cuarteado en cruz e cuarteado en aspa. As pezas son as representacións xeométricas que ocupan sempre o mesmo lugar no campo do escudo. Tradicionalmente, distínguese entre pezas honorables ou de primeira orde (xefe, pao, faixa, banda, barra, cruz, aspa, cabria, bordo, orla, perla, campaña, xirón, pira, trechor, cantón, franco cuartel, lambel, escudiño, escusón); pezas honorables diminuídas (verxeta, divisa, burela, xemelga, cotiza, bastón, filieira, lazo, tenaces), e pezas de segunda orde (plumas, puntos equipolados, xadrez, fretes, losanxes, fusos, besantes, roeis, fusos, mallas, rustros, billetes, aneliños, danteis, papelonado). -
[ARQUIT]
Motivo decorativo, pintado ou esculpido, en forma de escudo de armas.
Sinónimos: tarxa.
-
[HERÁLD]
-
[ECON/NUMIS]
-
s
m
Unidade monetaria principal de Portugal establecida en 1931, que se dividía en 100 centavos e equivalía a 0,030910 g de ouro fino. Incorporouse ao Sistema Monetario Europeo (SME) en abril de 1992, cunha ampla banda de flutuación (6%). Dende o 31 de decembro do 2001, tralo comezo da circulación de billetes e moedas en euros, o escudo coexistiu ata o 30 de xuño de 2002, data en que desapareceu. O seu cambio oficial co euro fixouse en 200,482.
-
s
m
Moeda de ouro cuñada por primeira vez no 1266 por Luís IX de Francia cunha lei de 24 quilates e un peso de 4 g. Continuou a cuñarse ata o s XV cunha tipoloxía moi variada, pero nunha das súas caras representaba un escudo.
-
s
m
Moeda de ouro de Castela, introducida por Carlos I en 1535 dentro das cuñaxes feitas para sufragar a expedición a Tunisia. Tiña un peso de 3,35 g e lei de 916 milésimas. Coa súa creación, Castela apartouse do sistema do ducado e adoptouno como a unidade monetaria para as cuñaxes en ouro ata o reinado de Fernando VII.
-
s
m
Moeda de prata de Isabel II cuñada entre 1864 e 1868 cun peso de 12,98 g e lei de 900 milésimas. Equivalía a medio duro e a dez reais. Supuxo o afianzamento do sistema métrico decimal como referencia da unidade monetaria.
-
escudo caboverdiano
Unidade monetaria principal de Cabo Verde. Divídese en 100 centavos.
-
s
m