Esdras, Libro de
Esdras, Libro de
[LIT/RELIX]
Libro do Antigo Testamento, escrito por Esdras. Na tradición hebrea e grega formaba unha unidade co Libro de Nehemías. Na Vulgata dáselle o título de Primeiro libro de Esdras, mentres que o Libro de Nehemías denomínase Segundo libro de Esdras; ademais engádese un terceiro libro, a Apocalipse de Esdras. O Libro de Esdras serviuse de documentos auténticos (o decreto de Ciro II de Persia, un informe a Artaxerxes e a resposta real, etc), que lle confiren verosimilitude, aínda que a arbitrariedade da súa disposición orixina numerosas confusións históricas.