Esdrelón
Esdrelón
Antiga rexión e chaira do N de Palestina, denominada tamén de Jezrahel ou de Megiddo, dúas das súas vilas máis importantes. Vía de comunicación tradicional entre as chairas do litoral e os desertos orientais, serviu como campo de batalla en numerosas ocasións durante a Antigüidade e a Idade Media.