ese

ese
    1. s m

      Nome da letra <s>. OBS: O e tónico representa o son [ɛ].

    2. ese líquido

      Ese inicial que vai seguido de consoante e que constitúe unha sílaba por si soa. Por exemplo, o s das palabras inglesas smoking e snob.

  1. s m

    Obxecto ou figura que ten forma de ese.

    Ex: Suxeita as fiestras co ese para evitar que se batan cando están abertas. O río describe un ese ó longo do seu percorrido.

  2. dem
    1. s m

      Nome da letra <s>. OBS: O e tónico representa o son [ɛ].

    2. ese líquido

      Ese inicial que vai seguido de consoante e que constitúe unha sílaba por si soa. Por exemplo, o s das palabras inglesas smoking e snob.

  3. dem

    Emprégase para referirse a algo que se acaba de mencionar e non a outro. Ex. Esa praia non queda moi lonxe, pódese ir andando. Estou totalmente de acordo con iso que acabas de dicir.

  4. dem

    Emprégase con valor despectivo ou distanciador cando acompaña ou substitúe un substantivo.

    Ex: Ese asunto non me cheira nada ben. Esa xa nin me dirixe a palabra.

  5. dem

    Expresa desapego ou desinterese por algo ou alguén.

    Ex: Agasalloume con iso que ves no chan. OBS: As formas neutras presentan i ou e (iso, eso) e non admiten variación de número. Ex: Iso que tes diante dos teus ollos é unha balea. Eso éche moi difícil de aturar. O neutro, ás veces, reforza as respostas a interrogativas directas. Ex: -Tampouco vas vir con nós de viaxe? -Ai, iso si que non. O demostrativo ese contrae coas preposicións en e de e dá lugar ás formas nese, nesa, niso, neso, neses, nesas, dese, desa, diso, deso, deses e desas. Ex: Nese instante entrou pola porta. Colleu as mazarocas desa cesta. Diso non quero nin oír falar. No galego moderno coexisten tres paradigmas de demostrativos, con distribución xeográfica propia cada un deles, ademais dalgún paradigma mixto resultado do cruzamento dos anteriores e con vixencia só en puntos illados: a) ese, esa, eso, etc, é o paradigma máis estendido e o máis documentado nos textos galegos medievais; b) ise, esa, eso, etc, coas formas masculinas en i- (iste, ise, aquil e il) forman unha zona compacta que comprende a maior parte da provincia de Ourense e o sur de Lugo; e c) ese, esa, iso, etc, esténdese por dúas áreas descontinuas moi poboadas: unha comprende a metade sur da provincia de Pontevedra e outra o nordés da Coruña.

  6. s f [QUÍM]

    O máis importante ou característico de algo.

  7. s f

    Cada unha das substancias oleosas, lipófilas, intensamente olorosas, de orixe vexetal, destilables e xeralmente volátiles en corrente de vapor. Moi difundidas na natureza, localízanse nas follas, nas flores, nos froitos e nas sementes de diversas especies vexetais. Os constituíntes principais dos aceites esenciais son os terpenos; ademais dos hidrocarburos alifáticos e dos seus derivados hidroxenados (alcohois, aldehidos, cetonas e ésteres), tamén se atopan hidrocarburos aromáticos, fenois e os seus derivados, e nalgunhas esencias, compostos sulfurados e nitroxenados.

    Ex: Podes botarlles un pouco de esencia de anís ás rosquillas.

  8. Extracto líquido con gran concentración de substancias aromáticas.

  9. adx

    Que resulta absolutamente necesario e non se pode prescindir del.

    Ex: A diferenza esencial entre os produtos é o prezo.

  10. adx [PAT]

    Que é o principal ou máis importante.

  11. Aplícase ás afeccións, ás síndromes ou aos síntomas dos que se descoñece a causa.

Frases feitas

  • Facer eses. Andar describindo liñas ondulantes. SIN: zigzaguear. Ex: Estaba tan borracho que andaba facendo eses.

Palabras veciñas

Esdrelón | esdruxulizar | esdrúxulo -la | ese | 2 ese -sa | esencia | esencial