eslora

eslora

(< neerl sloerie, de sloeren‘medir un barco’)

  1. s f [MAR]

    Lonxitude que ten unha embarcación de proa a popa e que se mide polo seu interior dende a cuberta.

  2. eslora entre perpendiculares [MAR]

    Distancia comprendida entre as perpendiculares de proa e de popa; é dicir, lonxitude do buque medida no plano lonxitudinal entre as perpendiculares que pasan pola intersección da flotación co perfil diametral exterior da roda e coa cara de popa do codaste.

  3. eslora na flotación [MAR]

    Lonxitude do buque medida no plano de flotación, entre os puntos onde este corta a roda e a popa.

  4. eslora total/máxima [MAR]

    Distancia comprendida entre o coroamento de popa e a parte alta da roda de proa.

Palabras veciñas

eslinga | eslingar | eslombar | eslora | eslovaco -ca | Eslovaquia | Eslovenia