Espada
Espada
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Ourense. As súas armas traen, en campo de azul, unha espada de prata, coa punta cara a arriba; bordo de ouro, con oito floróns de lis de sable. Outra variante leva, en campo de sinople, unha espada de prata, coa empuñadura de ouro e a punta cara a arriba; bordo de goles, con oito flores de lis de prata.