España Industrial, La
España Industrial, La
Empresa industrial fundada en Madrid en 1847 polos irmáns Muntadas i Campeny para a explotación de fábricas de fiado, tecido, estampaxe e apresto de algodón. Xurdida ao abeiro do arancel proteccionista, foi a primeira sociedade limitada algodoeira de España. En 1851 inaugurouse unha gran fábrica en Barcelona que se converteu no maior centro téxtil de España. En 1909 participou na Exposición Regional Gallega de Santiago de Compostela. A finais dos anos sesenta, despois dunha serie de exercicios negativos, a fábrica foi liquidada e os terreos vendéronse, e máis tarde convertéronse en parque municipal (1985).