España con honra, manifesto da
España con honra, manifesto da
Declaración publicada o 19 de setembro de 1868 ao inicio da Revolución Gloriosa. Redactada por Adelardo López de Ayala e asinada por J. Prim, J. B. Topete e F. Serrano, entre outros, debe a súa denominación á expresión “Viva España con honra”, citada no texto. Expúñanse os principais motivos e fins do movemento revolucionario, como a recuperación da soberanía nacional, a creación dun goberno provisional e a implantación do sufraxio universal.