español -la

español -la

(< lat tardío Hispaniŏlu ‘de Hispania’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a España, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de España.

  3. s m [LING]

    castelán.

  4. s f [ALIM]

    Salsa empregada para condimentar pratos de carne. Faise cun fondo rubio diluído nun fondo escuro no que se engade un refogado que inclúe cebola, cenoria e outros ingredientes, como touciño, tomate, allo ou allo porro, que se condimentan con loureiro e pirixel; déixase cocer e, finalmente, mestúrase con fariña. Adoita aromatizarse con viño de Porto. Dela derivan outras salsas, como a bigarada ou salsa de laranxa, a bordelesa, a cazadora, ou a cíngara.