Español, El
Español, El
[PUBLIC]
Revista literaria publicada entre 1942 e 1947. Dependente da Delegación Nacional de Prensa y Propaganda, dirixiuna Juan Aparicio. Crítica cos escritores do 98 e cos poetas sentimentais, desde Bécquer aos surrealistas, tentaba impulsar unha poesía optimista e imperial, tal e como promovía Primo de Rivera nas súas teorías. Vinculouse ao parladoiro Juventud Creadora que se reunía no madrileño Café Gijón e do que formaban parte José G. Nieto, Camilo J. Cela, Jesús Revuelta e Rafael Romero Moliner. Das colaboracións dos poetas da Xeración do 27 tan só aparece algún poema de Gerardo Diego, así como unha breve recensión de Sombra del Paraíso. O proxecto ideolóxico de El Español plasmouse posteriormente en La Estafeta Literaria.