Esperanza
Esperanza
[ONOM]
Antropónimo feminino derivado do latín sperare ‘esperar’. Presenta como hipocorístico a forma Dansa. Este é o nome dunha das fillas de santa Sofía que, xunto coas súas irmás, Fe e Caridade (as tres virtudes teologais), sufriu martirio en Agen (ou Rodez) en tempos do Emperador Adriano; as tres foron canonizadas. Nosa Señora da Esperanza, da Expectación ou do O, é a virxe preñada, que agarda o momento de parir. Na iconografía represéntase como unha moza embarazada e vestida cunha longa túnica cinguida ao van. A súa festividade celébrase o 11 de outubro, en Pazos de Borbén, ou o 18 de decembro.