Espinosa
Espinosa
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Bóveda de Limia. As súas armas traen, en campo de ouro, un espiño, de sinople, arrincado e afroitado de goles. Outra variante leva escudo partido: primeira partición, en campo de goles, cunha torre de ouro, aclarada de sable e superada de tres flores de lis do mesmo metal, mal ordenadas; segunda partición, en campo de ouro, cun can de prata, superado por unha póla de espiño, da súa cor natural. Outros ostentan, en campo de azul, un sable de prata, coa punta cara a arriba, posto en contrabanda, acompañado no alto dunha cruz plana, de ouro, e no baixo, dunha vieira, do mesmo metal.