estancia

estancia

(< estar)

  1. s f
    1. Feito de permanecer nun lugar durante certo tempo.

      Ex: A súa estancia en Londres foi moi produtiva.

      Sinónimos: estadía, permanencia.
    2. Tempo que dura a permanencia nun lugar.

      Ex: A súa estancia no hotel foi de quince días.

      Sinónimos: estadía, permanencia.
  2. s f

    Cuarto ou compartimento dunha casa ou lugar onde se habita.

    Ex: As estancias do palacio son moi amplas.

    Sinónimos: peza. Confrontacións: apousento.
  3. s f [LIT]

    Estrofa de orixe italiana moi usada no Renacemento, formada pola combinación de versos hendecasílabos e hexasílabos, en número e disposición variables. A estrutura da primeira estrofa debe repetirse ao longo do poema.

  4. s f [ESPECT]

    Espacios en que, durante a época medieval, se representaban cadros e escenas. Instalábanse en estrados colocados nos diversos lugares onde transcorría o espectáculo teatral, aínda que ás veces se preparaba un único escenario con varias estancias que indicaban diferentes momentos na cronoloxía dunha historia. En Francia, na dramaturxia clásica do s XVII, designaba unha especie de soliloquio en que un personaxe facía saber o seu estado de ánimo.

Palabras veciñas

2 estañar | estancamento | estancar | estancia | estanco -ca | estándar | estandarización