Etrusca, Liga

Etrusca, Liga

Unión relixiosa das principais cidades etruscas reunidas ao redor do deus protector Voltumna constituída no s VI a C. Anualmente celebraban cerimonias, festas e xogos preto do lago Bolsena e elixían un xefe supremo relixioso. As doce cidades repartíanse en tres rexións: a Etruria marítima, formada por Caere, Tarquinia, Vulci e Vetulonia; a Etruria interior que comprendía Veii, Volsinii, Chiusi e Perugia; e a Etruria setentrional, que incluía Volterra, Arezzo, Cortona e Fiesole. Estes centros conservaron a súa independencia e nunca formaron unha verdadeira confederación. A conquista de Veii polos romanos (396 a C) marcou a súa fin.

Palabras veciñas

étranger, L’ | Etruria | Etruria, Reino de | Etrusca, Liga | etrusco -ca | etruscoloxía | ETSI