Factoría, A

Factoría, A

Compañía profesional de teatro creada a principios dos noventa por Cristina Domínguez. Destaca polo seu rigor interpretativo e pola coidada posta en escena, que se potencia cunha coidada selección de textos. Entre os espectáculos producidos destacan Voces no vento (1992), recital poético sobre textos de diversos autores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Luís Pimentel, Luís Seoane ou Manuel Antonio; Na soidade dos campos de algodón (1994), sobre o texto homónimo de B. M. Koltès; Para o leste do Gantry (1997), baseado na obra de Edward Thomas; Cantos, contos, contas (1995), a partir dun texto de Xavier Picallo dirixido por Alfredo Rodríguez; A casa de América (1998), cun novo texto de Edward Thomas; As presidentas (2000), sobre un texto de Werner Schwab ou Coitelos nas galiñas (2001), segundo un texto do autor escocés David Harrower.

Palabras veciñas

factitivo -va | factor -ra | factoría | Factoría, A | factorial | factoring* | factory, The