factorial

factorial

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao factor.

  2. s f [MAT]

    Produto dos números naturais consecutivos, dende o 1 ata o número do que se calcula a factorial (n). Represéntase mediante o símbolo! (n!). Así 4!=1·2·3·4=24. A xeneralización da noción de factorial a números non naturais é posible mediante a función Γ de Euler.

  3. análise factorial [MAT]

    Técnica estatística que trata de describir e explicar as relacións entre unhas variables aleatorias directamente observables e outras latentes tamén aleatorias, denominadas factores, e que poden ser a causa das primeiras. Case todos os modelos supoñen relacións lineais entre as dúas clases variables. Adóitase facer a análise partindo dun número moi grande de observacións, para cada unha das que se terá un conxunto de resultados que forman a matriz dos datos. Mediante esta matriz calcúlanse os coeficientes de intercorrelación entre as variables e despois as saturacións das variables nos factores comúns e as comunidades de cada variable. Denomínase tamén deseño experimental.

Palabras veciñas

factor -ra | factoría | Factoría, A | factorial | factoring* | factory, The | factótum