factor -ra
(
-
-
s
Persoa que fai algo.
-
s
[DER]
Persoa encargada de dirixir, por conta propia ou allea, un establecemento comercial.
-
s
[TRANSP]
Persoa que executa os sinais de saída ou paso dos trens nunha estación de ferrocarril e rexistra os movementos.
-
s
m
[BÉL]
Dependente do comisariado de guerra encargado da distribución de provisións ás tropas.
-
s
m
[HIST]
Oficial real encargado de recadar nas Indias as rendas e tributos en especie pertencentes á coroa.
-
s
-
s
m
Cada un dos elementos ou circunstancias que contribúen a producir un resultado.
Ex: A educación é un factor moi importante na construción da personalidade.
-
[FISIOL]
-
s
m
Nome xenérico de cada unha das substancias que teñen unha acción fisiolóxica específica.
-
factor citrovorum
Composto extraído do fígado, moi semellante ao ácido polínico, empregado en casos de deficiencia de ácido fólico e no tratamento das anemias megaloblásticas I que non están ocasionadas por unha deficiencia de vitamina B 12 .
-
factor de coagulación
Elemento proteico contido no sangue dun xeito natural e que ten un papel decisivo na coagulación deste. Os máis destacados son o factor I ou fibrinóxeno, o factor II ou protrombina, o factor III ou tromboplastina tisular, o factor IV ou ión calcio e o factor VIII ou globulina antihemofílica.
-
factor hepático
Factor extrínseco imprescindible para a maduración dos eritroblastos.
-
factor intrínseco gástrico
Mucoproteína producida polas células que recobren interiormente o estómago, que é necesaria para a absorción da vitamina B 12 no sangue.
-
factor plaquetario
Complexo bioquímico contido nas plaquetas sanguíneas e que ten unha intervención activa na coagulación.
-
factor reumatoide
Anticorpo presente no soro dos enfermos de artrite reumatoide que reacciona cun antíxeno derivado da gammaglobulina.
-
factor transferidor
Extracto dializable de linfocitos con capacidade de transferir a inmunidade celular.
-
s
m
-
s
m
[MAT]
Cada unha das variables causais, ás veces non medibles direccionalmente, que inflúen ou poden influír sobre un resultado medible. Cando os factores son directamente medibles, faise o estudo mediante planos de experiencias factoriais e a análise da varianza; cando non o son, faise mediante a análise factorial. Neste caso distínguese entre os factores comúns, cando inflúen sobre a realización de distintas variables observables, e os factores específicos, cando inflúen só sobre a realización dunha variable observable.
-
s
m
[MAT]
Número que expresa o cociente de dúas magnitudes da mesma especie, polo que é adimensional. OBS: A miúdo, os factores confúndense cos coeficientes, que son cocientes de magnitudes de distinta especie e, polo tanto, valores numéricos con dimensións.
Confrontacións: coeficiente. -
[MAT]
-
s
m
Cada unha das cantidades ou polinomios que, multiplicados entre si, forman un produto. Así, en xeral, se a e b son dous elementos dun anel (A,+,×), a e b denomínanse factores do produto a×b.
-
factor común
Número ou polinomio que é divisor de dous ou máis números ou polinomios, respectivamente.
-
factor integrante
Función M(x,y) que permite a integración dunha ecuación diferencial, por medio da transformación desta en diferencial exacta.
-
factor primo
Número natural que non ten ningún divisor natural ademais del mesmo e da unidade.
-
s
m
-
factor climático
[CLIMAT]
Cada un dos feitos que determinan o clima dun lugar concreto, que poden ser constantes ou variables. Os principais son a latitude, que determina a duración do día e das distintas estacións do ano e tamén a intensidade da insolación; a altitude, que provoca a diminución da presión atmosférica e das temperaturas e un incremento das precipitacións; o afastamento do mar ou continentalidade, pois a capacidade do océano de conservar a calor é maior ca a da terra, de maneira que o mar ten unha influencia moderadora do clima; e o relevo, que permite ou impide, segundo a súa disposición, a circulación das masas de aire e inflúe nas precipitacións. Ademais, existen outros factores climáticos secundarios, como as correntes mariñas, as augas continentais (ríos, lagos, encoros), os solos, a vexetación e a acción antrópica.
-
factor de apantallamento
[FÍS]
Diferencia entre a carga nuclear real e a carga nuclear efectiva sobre un electrón externo. Representa o efecto de apantallamento dos electróns situados nas capas internas sobre a carga nuclear. Tamén se denomina constante de apantallamento.
-
factor de calidade
[FÍS]
Parámetro que representa a dispersión da ganancia ao redor da frecuencia de resonancia, nun circuíto LC resoante. Defínese como:
FORMULA -
factor de competencia
[MICROB]
Proteína de pequeno peso molecular producida por algunhas bacterias, como Streptococcus pneumoniae, que se excreta ao medio extracelular e que, cando chega a unha concentración determinada, permite que a bacteria poida captar ADN esóxeno no proceso de transformación bacteriana.
-
factor de potencia
[FÍS]
Cociente entre a potencia activa e a potencia aparente dunha corrente alterna. Se as correntes son sinusoidais, o factor da potencia é igual ao cos ϕ, onde ϕ é o desfasamento entre a tensión e a corrente.
-
factor de produción
[ECON]
Recurso utilizado na produción de bens e servicios. Tradicionalmente, as categorías consideradas como factores foron os recursos naturais, o traballo e os bens de capital, aos que algúns autores lle engadiron a empresa ou a organización como cuarto factor ou factor residual. Segundo as peculiaridades técnicas, poden ser clasificados en específicos e versátiles (que presentan o problema da súa asignación óptima), en fixos e variables (segundo que o custo sexa proporcional ou non ao volume de produción) e en divisibles ou indivisibles (pódense axustar exactamente ás necesidades das combinacións óptimas de factores ou se han de ser empregadas nunhas cantidades determinadas).
-
factor gravimétrico/químico
[QUÍM]
Proporción en peso que hai dun elemento dentro dun composto químico. Utilízase cando non é posible pesar directamente o elemento que se quere analizar, senón que se precipita e se pesa combinado con outro composto.
-
factor limitante
[ECOL]
Factor ambiental que limita o desenvolvemento dun organismo ou dunha poboación cando non está dispoñible. En condicións óptimas, os organismos teñen tendencia a crecer e a reproducirse a unha velocidade ideal chamada fisiolóxica. A ausencia dun factor vital retarda este crecemento dos organismos e incluso chega a anulalo. Tamén se consideran factores limitantes os que limitan o crecemento cando están presentes no medio en cantidades que exceden os niveis de tolerancia de determinados organismos ou poboacións.