Fajans, indicadores de

Fajans, indicadores de
[QUÍM]

Cada un dos indicadores do grupo que introduciu na análise volumétrica K. Fajans en 1923 para a detección do punto final das volumetrías de precipitación, que se caracterizan polo feito de ter diferente cor cando están libres en solución e cando están adsorbidos sobre a superficie do precipitado formado na volumetría. Estes indicadores son ácidos débiles, como a fluoresceína, a diclorofluoresceína ou a eosina, ou bases débiles, como a rodamina-6-G e a etoxicrosoidina, e pódense empregar soamente nun campo de pH limitado. Tamén se denominan indicadores de adsorción.

Palabras veciñas

faixear | faixeta | Faizābād | Fajans, indicadores de | Fajans, Kasimir | Fajans, regras de | Fajans-Soddy, leis de