Fajans, regras de
Fajans, regras de
[QUÍM]
Regras cualitativas dadas por K. Fajans en 1923 que indican que, nun conxunto de substancias quimicamente semellantes con enlaces fundamentalmente iónicos, o carácter covalente aumenta nos seguintes casos: coa carga dos ións, cando o catión é pequeno e o anión é grande, e cando o catión ten unha configuración electrónica que non é a dun gas nobre. As regras de Fajans derivan da consideración da polarizabilidade e do poder polarizante dos ións.