Falamos

Falamos
[PUBLIC]

Revista trimestral en lingua galega editada polo Servicio de Normalización Lingüística do concello de Vigo e que apareceu por vez primeira en outubro do ano 2000. Cunha tiraxe inicial de 15.000 exemplares, a publicación incluía información referida aos distintos departamentos municipais, unha sección de cómic e colaboracións de persoeiros vigueses distinguidos pola súa actividade. Distribúese entre os sectores comerciais e hostaleiros da cidade olívica como instrumento para a comunicación entre o concello e a cidadanía.