fascio*

fascio*
s m [HIST]

Agrupación política e social italiana que xurdiu a finais do s XIX. Os máis coñecidos foron os fasci dei lavoratori, de carácter socialista e en loita contra os latifundistas, e os fasci di combattimento, que xurdiron por iniciativa de Mussolini (1919), dos que naceu o partido fascista. En 1919, os fasci di combattimento transformáronse na base miliciana do movemento fascista baixo a denominación de Fasci Italiani di Combattimento, coñecidos popularmente como camisas negras.

Palabras veciñas

fascinador -ra | fascinante | fascinar | fascio* | Fasciola | fasciolose | fascismo