Fátima

Fátima
[ONOM]

Antropónimo feminino de orixe toponímica. O topónimo portugués deriva do árabe Fâtimat, nome da irmá do profeta Mahoma, e significa ‘a que desteta os meniños’, ou ben ‘doncela’. Este nome musulmán fíxose cristián a partir do primeiro terzo do s XX, a causa das aparicións da Virxe na Cova da Iria, preto do lugar de Fátima. Na iconografía a Virxe represéntase vestida con túnica e manto brancos, coas mans xuntas en actitude orante e un rosario entre elas, xeralmente sobre unha árbore con tres pastores de xeonllos aos seus pés. A Nosa Señora de Fátima, titular dunha parroquia e patroa dos concellos de Abadín, Crecente, O Irixo e A Mezquita, celébrase o día 13 de maio.

Palabras veciñas

fatigar | fatigoso -sa | Fátima | Fátima | Fátima | fatimita | 1 fato