feirado -da

feirado -da

(

adx

Aplícase ao día distinto do domingo no que non traballan as Cortes, os tribunais e os centros oficiais, tanto civís como eclesiásticos. Os antigos canonistas recolleron tres tipos de días feirados: os solemnes, por mor dalgunha festividade en honra de Deus ou dos santos; os fortuítos, por mor dalgún acontecemento que o gobernante celebraba nos seus dominios; e as feiras rústicas, por mor das colleitas ou das feiras de gando.