Feiraco
Feiraco
Cooperativa láctea fundada en 1969 en Negreira, que se estableceu inicialmente nos locais de Cáritas, para pasar posteriormente ás instalacións da Ponte Maceira (Ames). Dedicouse á preparación, elaboración, envasado e comercialización de produtos lácteos (desde 1971), baixo as marcas Feiraco e Xoia; á elaboración e comercialización de pensos (1970); e á elaboración de abonos, sementes e produtos fitosanitarios. Posúe ademais unha variada oferta de servicios como o economato de consumo para os socios (desde 1982), a prestación de servicios veterinarios (1985) e o servizo de asistencia xurídico-fiscal (1988). A nivel sociocultural ten dúas liñas de actuación: a formación teórico-práctica dos agricultores e o patrocinio cultural e deportivo.