Galatea
Galatea
[ASTRON]
Cuarto satélite de Neptuno, duns 158 km de diámetro e situado a 62.000 km do planeta, que completa unha órbita cada 10 horas e 18 minutos. Descuberta polo Voyager 2 en 1989, ten forma irregular e non presenta signos de modificación xeolóxica.