Galatea

Galatea
[MIT]

Divindade mariña siciliana, filla de Nereo. Namorada do belo pastor Acis, fillo do deus Pan (ou Fauno) e da ninfa Simetis, non correspondía os requerimentos amorosos de Polifemo, cíclope siciliano de corpo monstruoso. Un día que xacían descansando os namorados á beira do mar, foron vistos polo xigante celoso. Daquela, Galatea escondeuse nas augas e Acis tentou fuxir, pero Polifemo alcanzouno e esmagouno cunha pedra que lle botou enriba da testa. Posteriormente, Galatea converteuno nun río de limpas augas. Con todo, certas lendas aluden ao nacemento de tres fillos froito dos amores de Polifemo e Galatea: Gálata, Celto e Ilirio, epónimos, respectivamente, dos gálatas, celtas e ilirios.

Palabras veciñas

Galaroza | Galas | gálata | Galatea | Galatea | Galatina | Galaup, Jean-François de