gálata
gálata
(< lat Galăta)
-
adx
Relativo ou pertencente a Galacia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST]
Natural ou habitante de Galacia.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo de orixe celta procedente dos Balcáns que se estableceu en Anatolia despois de axudar a Nicomedes I de Bitinia (278 a C). No 241 a C Atalo I de Pérgamo derrotounos e a partir dese momento formaron parte dos diversos exércitos da rexión. Derrotados polos romanos (189 a C) constituíron un estado autónomo pero fiel a Roma.
-
s
m
[LING]
Fala celta do grupo continental xa desaparecida, que se documenta no interior de Turquía. Só se coñece por datos onomásticos, que parecen indicar que se trataba dunha lingua moi semellante ao galo.