Fuenmayor
Fuenmayor
Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado a poñente de Logroño, no límite coa provincia de Araba, Euskadi (2.120 h [1996]). O Ebro drena o territorio e constitúe o seu límite setentrional, tanto do municipio como da comunidade. A fonte económica básica é o cultivo da viña e a elaboración de viños de La Rioja. De orixes prerromanas, Enrique de Trastámara concedeulle o título de vila libre de foro real polo seu apoio na guerra civil contra Pedro I o Cruel. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María (s XVI), o palacio dos marqueses de Terán e a fonte de San Juan.