gama

gama

(

  1. s f
    1. Conxunto de cousas que presentan unhas características comúns en diferente grao en cada unha delas.

      Ex: Preparoulles un prato que presentaba unha variada gama de sabores.

      Confrontacións: escala, serie.
    2. [PINT]

      Serie de matices dunha cor.

    3. gama de luminosidade [IND/ARTE]

      Diferencia de luminosidade entre as áreas máis escuras e máis iluminadas dun motivo, tanto en negativo coma en positivo.

    4. gama dunha emulsión fotográfica [IND/ARTE]

      Contraste dunha emulsión.

  2. s f

    Conxunto variado de cousas.

    Ex: O viaxante ofrecíalle unha ampla gama de novos produtos.

    Confrontacións: variedade.
  3. s f [MÚS]

    Fragmento de escala musical que se estende de tónica a tónica. A miúdo emprégase como sinónimo de escala, cousa incorrecta, xa que a escala, na música tonal, é un concepto teoricamente ilimitado.

  4. s f [COMUN]

    Zona de frecuencias reservada ás emisións de radiodifusión.