García, Mónica

García, Mónica

Actriz. Iniciou o seu traballo teatral profesional a finais dos anos oitenta na compañía Chévere, participou en espectáculos como Río Bravo ou Big Bang, ademais de ser habitual nas Ultranoites da Sala Nasa. Outros espectáculos nos que participou foron Bailando en Verán e As Troianas, con Espello Cóncavo, ou Valle-Inclán 98, co Centro Dramático Galego. En 1997 recibiu o Premio María Casares á Mellor Actriz Secundaria.