gasa

gasa

(<ár clásico ẖazz ou qazz < persa gaz ou kaž ‘seda’)

  1. s f [TÉXT]

    Tea moi clara e fina de fío ou seda, caracterizada pola separación, relativamente grande, coa que van colocados os fíos da urda e da trama. Estes tecidos polo seu reducido número de fíos, teñen tendencia a escorregar uns sobre os outros, separándose o tecido. Para evitar isto adóitase impregnar cun forte apresto, entre outros métodos.

  2. s f [MED]

    Tira de gasa hidrófila, sen apresto e esterilizada, que se emprega como apósito ou vendaxe.