gentry*

gentry*
s f [HIST]

Estamento social inglés formado por persoas con dereito a levar escudo de armas pero sen título. Desde a Idade Media e ata a Revolución Industrial constituíu unha pequena nobreza formada polos gentlemen e os esquires. Desde o s XVI exerceu unha grande influencia no campo, que acabou no s XIX coa industrialización, feito que os obrigou a unirse familiarmente coa nova burguesía industrial. Ata a reforma electoral de 1832 dominou a Cámara dos Comúns.